A piscina do Pavillón Municipal reabrirase o luns unha vez rematados os traballos de mellora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vindeiro luns, 3 de agosto, reabrirase a piscina Rosario Dueñas, de 50 metros do Pavillón Municipal de Deportes de Os Remedios, unha vez rematados os traballos de mellora realizados polo Consello Municipal de Deportes, cun investimento de 8.900 euros.

As obras consistiron na reposición dos tensores do teito, feito que se aproveitou para emprender actuacións de mantemento e limpeza dos vestiarios.

O luns, unha vez reenchida a piscina, volverá entrar en servizo. Por extensión, debido a que se atopa no mesmo recinto, abrirá o circuíto hidrotermal, tamén no seu horario habitual.

As persoas usuarias do Pavillón poden usar tamén as outras dúas piscinas do complexo deportivo, tanto a de 25 metros como a exterior.

31 de xullo de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.