A piscina de Lousame abre as súas portas para a temporada de verán
A piscina municipal de Lousame abre as súas portas para a temporada de verán e permanecerá aberta os meses de xullo e agosto, en horario de 15:00 a 21:00 horas. O Concello de Lousame informa de que xa se poden xestionar os distintos bonos de acceso na Casa da Cultura ou no 981 825 780.
O Concello mantén os mesmos prezos con respecto ao ano pasado, de xeito que os veciños e veciñas poderán optar entre:
- Bono familiar: 15 euros. Poden incluírse ata un máximo de 5 membros da mesma familia.
- Bono individual: 12 euros.
- Baño libre por día: 1,2 euros.
Por outra banda, os cursos de natación terán lugar en horario de mañá. O prezo é de 6 euros, que se reducen a 3 euros no caso das familias que teñan o bono familiar. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información na Casa da Cultura, no 981 825 780 ou na propia piscina municipal.