A páxina soloporsche.com escolle A Guarda para presentar o novo modelo de coche

Novo modelo
O foro Soloporsche.com, un dos máis prestixiosos espazos destas características, con máis de 23.000 foreros, escolleu a localidade da Guarda para presentar o novo modelo de coche “Porsche 911 Carrera S (991)”. En moitas das instantáneas publicadas nesta páxina web aparece este automóbil de luxo aparcado no porto da Guarda coa fachada do paseo marítimo ó fondo. Esta localización fai que sexa moi recoñecible a localidade en todas e cada unha das fotografías.
Este non foi o único escenario natural que esta web utilizou para promocionar o seu automóbil. Nas imaxes publicadas, pódese, por exemplo, recoñecer diferentes espazos da vila de Baiona.











