A organización do Concello de Lugo quedará pechada en Pleno este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Os asuntos aprobados na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este martes permiten avanzar na organización interna do Concello para este mandato, que quedará pechada en Pleno este venres, segundo anunciou o voceiro municipal socialista, Miguel Fernández. A sesión terá lugar ás 10.00 horas.

Na Xunta de Goberno desta mañá formalizouse a estructura do Goberno local, tanto a distribución das áreas e o nomeamento dos tenentes de alcalde, como a composición da Xunta de Goberno que funcionará tras o Pleno de organización e que substituirá á actual constituída con carácter provisional.

En canto aos tenentes de alcalde: Ana Prieto será a primeira tenente de Alcalde; eu, o segundo tenente de alcalde; Carmen Basadre, a terceira tenente de alcalde, seguida de José Manuel Díaz Grandío, que será o cuarto tenente de alcalde, Ana María González Abelleira, a quinta tenente de alcalde; Daniel Piñeiro, o sexto; e Juan Carlos González Santín, o sétimo. 

Polo que respecta á Xunta de Goberno, estará presidida pola Alcaldesa e dela formarán parte os 7 concelleiros do equipo de goberno.

Persoal

Outro dos asuntos aprobados hoxe foi o cadro de persoal de apoio da Corporación. Das 17 dedicacións do anterior mandato, baixouse a 14,5, das que 8,5 estarán asignadas aos grupos políticos con representación municipal e 6 ao Goberno. Esta proposta supón un aforro duns 100.000 euros anuais con respecto ao mandato pasado. 

Ademais, acordouse a supresión do posto de coordinador de Alcaldía porque, de momento, non haberá esta figura en ningunha área de goberno. Estase estudiando a necesidade organizativa dos coordinadores nas diferentes concellarías. 

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou unha proposta para a modificación do Orzamento xeral deste ano 2015 para adaptalo á nova composición da Corporación, e que irá ao Pleno de organización. Trátase dunha redistribución das partidas máis xenérica, pois polo de agora estaba pensada para tres grupos, e agora hai seis. 

Tamén referido á organización do Concello, acordouse a adscrición dos concelleiros a órganos colexiados con representación municipal. O nomeamento segue a mesma liña que ata o de agora: Naqueles órganos cun carácter institucional máis marcado, como pode ser a FEGAMP ou a FEMP, estará a Alcaldesa, e nos relacionados cunha determinada temática, como poden ser os consellos escolares ou cuestións urbanísticas, o correspondente concelleiro delegado. 

Por outra banda, o voceiro socialista confirmou que o reparto de locais da casa consistorial entre os 6 grupos con representación municipal quedará pechado ao longo desta mesma mañá.  

7 de xullo de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.