A nova Corporación provincial de Pontevedra constituirase este venres 17 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación desenvolverá hoxe a última xuntanza do mandato 2011-2015, un encontro de carácter extraordinario cun único punto na orde do día: a aprobación da acta da última sesión, que tivo lugar o venres 10 de xullo. Con esta Xunta de Goberno, que comezará ás 12:30 h, darase por finalizado o mandato correspondente ós anos 2011-2015.

Acto seguido, ás 13.00 horas, o Salón Nobre do Pazo provincial acollerá o último Pleno extraordinario da actual Corporación, unha sesión na que se dará conta das actas dos plenos dos días 19, con carácter extraordinario, e 26 de xuño.

Finalmente, a sesión plenaria constitutiva do novo mandato da Corporación provincial para o período 2015-2019 terá lugar o venres 17 de xullo, ás 13:00 horas.

O novo Goberno decidirase por votación dos 27 deputados elixidos en cada un dos sete partidos xudiciais da provincia: 1 de Lalín, 1 da Estrada, 3 de Cambados, 7 de Pontevedra, 11 de Vigo, 3 de Tui e 1 de Ponteareas. Deles, 12 correspóndenlle ó PP, 10 ó PSdeG-PSOE, 4 ó BNG e 1 a Marea Vigo.

14 de xullo de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.