publicidade hoxe

A música ameniza as veladas de verán na Fábrica de Santa Cristina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Durante xullo e agosto, a terraza da Fábrica de Santa Cristina terá concertos e actuacións en directo. Serán durante as noites dos xoves a partir das 22.00 h. e os domingos en sesión vermú.  

Enmarcado dentro do ciclo de concertos dos xoves, A Fábrica de Santa Cristina organiza un concurso co fin de dar un empuxón ás bandas que están a empezar a súa andaina. Un espazo para tocar, un premio de 300 € e unha cea no restaurante é o que se pode levar o grupo máis votado entre todos os participantes. 

O concurso realízase a través dunha aplicación á que se pode acceder desde a páxina de Facebook da Fábrica. A actuación do premiado poderá verse en directo o 27 de agosto.

Trátase dunha nova iniciativa do destacado restaurante de Santa Cristina que, desde que foi asumido polo Grupo Carpe Diem, quixo renovar o proxecto cunha aposta pola profesionalización do equipo, a orientación ao cliente, a cociña de calidade e, sobre todo, a aposta de crear un espazo de innovación gastronómica para todos os públicos.

1 de xullo de 2015 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.