A Lama celebra a Festa dos Nenos con divertidas actividades para o goce de toda a familia
O Concello da Lama celebra mañá martes a Festa dos Nenos dentro do programa festivo incluído na súa Semana Cultural. As actividades deseñadas polo equipo de goberno que lidera Jorge Canda contemplan a presenza de inchables de gran tamaño, enormes tobogáns, touro mecánico e un fin de festa coa espuma como protagonista.
A Festa dos Nenos pretende ser un punto de encontro para os máis pequenos da casa que acoden á Alameda da Lama para gozar en familia de actividades supervisadas por monitores e que buscan mediante o xogo divertir e entreter aos menores nos seus días de vacacións.
Os aparellos instalados na Alameda estarán a disposición dos nenos e as súas familias totalmente gratis e para facer uso dos mesmos deberán seguir as indicacións dos monitores que estarán adscritos a cada un dos inchables, tobogáns xigantes e touro mecánico.
Para culminar esta actividade celebrarase unha Festa da Escuma onde tanto nenos como maiores poderán deixarse envolver polas pompas de xabón e a espuma que invadirá por completo o recinto habilitado na Alameda para esta actividade.