A Guarda prepara unha “Festa do Avó” con moito baile e risas aseguradas
Este domingo día 12 de xullo, O Concello da Guarda, organiza a “Festa do Avó” para render unha pequena homenaxe ós veciños e veciñas da terceira idade da localidade. O evento, que terá lugar, na carpa instalada no Porto da vila, comezará cunha charla de Don Jesús, párroco da Guarda e a presentación da raíña e damas do Clube da 3ª Idade.
A festa estará amenizada polo grupo “Sabor” que animará a bailar a todos os presentes. Ademais contarán coa actuación de Pedro Brandariz, un dos cómicos galegos máis emerxentes. Este actor, showman, clown, monologista ou contacontos, é unha das caras máis recoñecidas da TVG, grazás á intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo no programa Luar, acompañando a Xosé Ramón Gayoso.
O Concello repartirá rosca e sidra entre todos os asistentes e ten programado un sorteo para que poidan levarse diferentes agasallos.
A festa comeza ás 16,30 horas.











