A Fundación INADE presenta os seus proxectos para mellorar o sector dos seguros ante Bravo Bosch

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Bravo Bosh na reunión con responsables da Fundación Inade

Bravo Bosh na reunión con responsables da Fundación Inade

O director e o responsable de proxectos da Fundación INADE, Adolfo Campos e Modesto González, respectivamente, trasladáronse esta mañá ata a Delegación da Xunta en Vigo para manter un encontro coa delegada territorial, María José Bravo Bosch, co fin de presentarlle os seus novos proxectos e traballo encamiñados a mellorar e profesionalizar o sector dos seguros.

A representante da Administración autonómica na cidade agradeceu a reunión e gabou o traballo que leva a cabo a Fundación INADE, sobre todo, no eido da información e formación dos traballadores do mercado asegurador posto que o colectivo de persoas beneficiarias das actividades que realizan vai dende empresas a profesionais laborais pasando por comunidades universitarias, administracións públicas ou sociedade en xeral, entre outras. Bravo Bosch animounos así a continuar cos seus fins fundacionais e a contribuír, dende o seu ámbito de actuación, á melloría socioeconómica de Galicia.

A Fundación INADE -Instituto Atlántico do Seguro- é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola entidade mercantil INADE e constituída no ano 2008. Ten coma obxecto, nos seus fins fundacionais, o fomento da economía social e desenrolo da economía produtiva da Comunidade Autónoma a través do coñecemento en materias da xerencia de riscos; mellora na xestión empresarial; desenrolo da sociedade da información e converxencia de Galicia con outros países e CCAA en materias de xerencia de riscos, financeiras e seguros.

Dende o ano 2009, por orden da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, está clasificada de interese para o fomento da economía de Galicia adscribíndoa así á Consellería de Facenda. Deste xeito, o departamento da Xunta de Galicia exerce plenamente o seu protectorado e a declara de interese galego ordeando a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

31 de xullo de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.