A Fundación de Deportes abre o prazo de inscrición para a XII Carreira Nocturna de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

As rúas de Vilagarcía acollerán o sábado 8 de agosto a Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía que este ano chega a súa doce edición. A Fundación Municipal de Deportes organiza a proba cuxo prazo de inscrición ábrese hoxe. Na carreira poderán participar corredores de todas as idades. Os de categoría absoluta deberán inscribirse a través da web www.championchip.com e os das inferiores nas oficinas da Fundación en Fexdega.

O trazado e distancias da proba para cada unha das categorías darase a coñecer na presentación oficial da XXII Carreira Nocturna prevista para a semana que ven. Mentres, as persoas interesadas en participar xa poden ir anotándose.

Na categoría absoluta correrán os deportistas nados no ano 1998 e anteriores. Estes deberán abonar unha cota de 5 euros por anotarse a través da web oficial da championchip.

As categorías inferiores, da A á F, divídense en función das idades xa que formarán parte deste grupo os corredores nados en 1999 e anos posteriores. A inscrición é de balde e o trámite de anotarse debe facerse cubrindo o formulario que se pode imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es e presentándoo nas oficinas da Fundación de Deportes, sitas en Fexdega. O horario é de 8.30 a 14.00 horas de luns a venres. O prazo vai dende hoxe ao 7 de agosto, aínda que tamén se recollerán inscricións o día da proba hasta 45 minutos antes da saída.

Todos os participantes recibirán como obsequio unha camiseta técnica.

28 de xullo de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.