A Fiscalía de Ferrol conclúe que non houbo risco para a saúde na crise da auga
A Fiscalía de Área comunicou este mediodía o arquivo das dilixencias abertas de oficio o 17 de xullo a partires da restrición ao consumo da auga da traída e que derivou do incremento dun dos parámetros de control (trihalometano), en niveis que superaban a normativa. Esta situación anómala foi comunicada na Alcaldía a mañá do 16 de xullo a través dunha chamada da Xefa Territorial de Sanidade e forzou ao Concello de Ferrol a restrinxir o subministro durante catro días, do 16 ao 19 de xullo.
O fiscal, nun decreto asinado o 30 de xullo, conclúe que “non consta ningún indicio de que se teña causado dolosa ni imprudentemente ningún dano substancial a calidade da auga nin, polo tanto, provocado risco de grave dano ao equilibrio dos sistemas naturais nin a saúde das persoas”.











