publicidade hoxe

A Festa do Pulpo xa conta cun mataselos propio de correos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Mataselos da Festa do Pulpo do Carballiño

Mataselos da Festa do Pulpo do Carballiño

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega, xunto co xefe de sector de oficinas de correos Rafael Sánchez, presentou o novo mataselos postal dedicado a Festa do Pulpo. Con este mataselos achégase unha nova iniciativa para a difusión do nome do Carballiño e da súa tradición polbeira, a través de cartas e envíos postais que viaxaran por todo o mundo.

Este novo mataselos estará permanentemente na oficina de correos do Carballiño, e foi deseñado atendendo a demanda de veciños da propia vila, filatélicos e turistas que desexaban contar con esta  impronta como lembranza do Carballiño e a súa multitudinaria festa.

Na presentación o alcalde carballiñés lembrou a gran ligazon existente entre o papel e O Carbaliño, coas súas fábricas locais que imprimían unha marca de auga a cada folio, un precedente destes selos postais. Pola súa banda Rafael Sánchez sinalaba que “correos emitiu mataselos turísticos deseñados para colaborar na difusión dos lugares e monumentos emblemáticos a través dos envíos postais. Ademais nas oficinas principais das catro capitais galegas disporán deste tipo de mataselos turísticos outras nove localidades, entre elas O Carballiño.

No acto de presentación estiveron tamén presentes a vicepresidenta da asociación filatélica e numismática Miño, Elisa Abad, o presidente desta asociación, Barros, o edil de Turismo e Ocio Manolo Dacal e o director da oficia de correos do Carballiño Camilo Muleiro.

A ligazón entre a Festa do Pulpo e correos vén de lonxe, xa que en anos anteriores xa se crearon selos coa imaxe desta festa, e neste mesmo ano editáronse 6000 tarxetas postais con cartel desta edición da Festa do Pulpo.

14 de xullo de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.