publicidade hoxe

A Festa do Pulpo atrae novos patrocinadores en cada edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Novos patrocinadores

Novos patrocinadores

A Festa do Pulpo segue sendo o mellor reclamo e o mellor escaparate para as firmas comerciais. A garantía de miles de visitantes, de centos de medios de comunicación, e a repercusión internacional desta, fan desta festa gastronómica o lugar perfecto para anunciantes de dentro e fóra das fronteiras galegas.

Esta edición, a 53, contará cos habituais patrocinadores, o Pan de Cea, Cocacola, Estrella Galicia, Extramundi ou aceites Abril, así como os organismos oficiais que veñen apoiando a festa dende o comezo, Xunta de Galicia, Inorde e Deputación Provincial. Pero este ano sumáronse dous novos patrocinadores, Gadis e Abanca.

Na presentanción destes patrocinadores o alcalde carballiñés agradeceu o apoio á festa “que é o mesmo que dicir o apoio ao Carballiño e ás súas xentes”, animando para que nun futuro sexan moitas máis as firmas comerciais que queiran estar presentes na maior romaría gastronómica de Galicia.

Algúns dos patrocinadores non puideron acudir a esta presentación, pero si estiveron o representante de Extramundi, Carlos González, o de Aceites Abril, Isaac Prada, o presidente dos panadeiros de Cea, Carlos Rodríguez, así como un dos novos patrocinadores, Abanca, representada polo seu director territorial Ruben Saavedra.

Todos e cada un dos patrocinadores recoñeceron o orgullo que supón formar parte desta gran festa, asegurando que seguirán estando sempre ao lado dun produto como é o polbo do Carballiño.

Pola súa banda o edil de turismo Manolo Dacal anunciaba xa que nos pròximo días se presentará o cartel desta edición, obra un ano máis do artista carballiñés Xesús Carballido, así como a programación deste ano “que tamén se desenvolverá durante toda a semana anterior á festa”.

16 de xullo de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.