A Feira Medieval en Ferrol Vello abre as súas portas este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Feira Medieval de Ferrol Vello arrancará este venres 31 de xullo ás 11:00 horas, e prolongarase ata o domingo 2 de agosto ás 24:00 horas, coa presenza de máis de 120 postos de artesáns e de restauración.

Ás doce e media deste venres terá lugar a inauguración oficial coa presenza da concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo, que participará nun acto no que estará acompañada do pregoeiro oficial da Feira e dunha agrupación musical, que tralo acto fará un pasarúas para animar a todos os ferroláns a acudir a esta cita coa historia e coa cultura medieval.

A Feira Medieval estará ata o domingo instalada nas rúas Benito Vicetto, nun tramo da rúa San Francisco, na rúa Igrexa, na praza Vella e na zona da Alameda.

Entre artesanía e restauración, contará con preto de 120 artesáns. As tendas medievais estarán abertas en horario de once a tres polas mañás e de seis a doce polas noites, mentras que os postos de restauración permanecerán abertos en horario continuado. 

Na Feira Medieval de Ferrol poderase disfrutar de postos de prata, coiro, alimentación e teas, entre outros, así como de numerosos obradoiros tradicionais, como os de la, caligrafía, vidrio ou perfumes.

Son especialmente chamativos os obradoiros de talla de pezas de madera cos pes, que realiza un dos artesáns, e o de talla de pedra que fai un experto canteiro e que o sábado fará ante o público unha peza dun símbolo celta que será doada ao Concello de Ferrol. 

A alimentación e a restauración teñen tamén un papel destacado nesta Feira Medieval, na que haberá un posto especializado en polvo que se situará na praza Vella, e unha taberna medieval na Alameda, ademáis de outros pequenos establecementos adicados a todo tipo de comida. 

Durante os tres días nos que dura a Feira os nenos terán gran parte do protagonismo nas actividades previstas, cun espazo reservado para eles e denominado a “Eira dos nenos”, na praza Vella. Así, tanto ás doce da mañá como a partires das seis da tarde terán lugar xogos interactivos e actividades para os máis pequenos da casa. Ademáis, na Alameda haberá instalado un tiovivo tradicional.

As rúas estarán amenizadas dende a apertura da feira e durante todo o día por distintas formacións musicais, como Koté Malabar e Acibreira, así como coas ondas do Ham e Percusión.

Unha oportunidade única para sumerxerse na época medieval no marco do casco histórico de orixe da cidade de Ferrol, e coa novidade este ano de que non se permitiron actividades con animais. 

30 de xullo de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.