publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra anuncia tratamento xusto a todos os concellos da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

Ante as declaracións do alcalde de A Estrada, José López, que pon en dúbida a anunciada vontade do novo goberno da Deputación de Pontevedra de unha repartición equitativa na distribución de recursos aos Concellos da provincia, o Goberno que preside Carmela Silva quere reiterar, como vén anunciando dende a súa toma de posesión, que haberá un tratamento xusto, sen excepcións, os 62 concellos da provincia.

A presidenta da Deputación insiste en que “o alcalde sabe perfectamente que iso non era así coa Deputación gobernada por Louzán e iso demóstrase vendo os discriminatorios investimentos que se fixeron, que se daban tendo en conta a afiliación política dos alcaldes.

Carmela Silva asegura que esas prácticas remataron. “Este novo goberno vai ter un comportamento radicalmente distinto. Vaise pasar da arbitrariedade á transparencia, ao rigor e á obxectividade. O propio alcalde de A Estrada vén a dar a razón aos principios que defende o actual gobernó. É  certo, como di, que os concellos intermedios teñen necesidades diferentes aos grandes e aos de menos de 20.000 habitantes. Exactamente por iso xa o martes faremos unha reunión cos de menos de 20.000 e faranse outras cos intermedios e cos de máis de 50.000”

A Presidenta empráza o alcalde de A Estrada a coñecer os plans da nova Deputación antes de facer declaracións e considera un grande erro que queira posicionarse de forma partidaria. “Empezamos mal se pretende facer oposición ao novo goberno. Iso compételle en todo caso aos deputados provinciais do Partido Popular. Sen ánimo de dar consellos: é mellor ter serenidade antes de facer afirmacións que mostran o temor a que o actual goberno faga o que facía Louzán, tratar mellor o que era alcalde do seu mesmo partido. Iso non volverá acontecer. Viñemos para rematar con ese modelo clientelar”

24 de xullo de 2015 | 21:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.