A Deputación de Lugo mellorará os itinerarios dos catamaráns da Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O deputado delegado de Turismo, Patrimonio e Centro de Artesanía e Deseño,Juan Carlos Armesto Quiroga, realizou hoxe unha visita de traballo polas zonasdos Canóns do Sil e do Miño para analizar o funcionamento dos catamaráns.“Dende a Deputación de Lugo queremos enriquecer este servizo e para iso, entreos nosos obxectivos de traballo, atópase a mellora dos itinerarios e novaspropostas de traballo”.

A visitatécnica, durante a que o deputado delegado de Turismo estivo acompañado portécnicos e persoal da Área de Turismo, iniciouse nos Canóns do Sil, onde JuanCarlos Armesto Quiroga analizou a situación “in situ” das dependenciasprovinciais, do club náutico e das embarcacións; así como o estado dos servizos,sinalización e promoción da zona.

Ademais, odeputado delegado mantivo entrevistas e contactos co persoal que está a cargodos distintos servizos da Deputación desta zona (servizos de guías e patróns debarco). Durante a tarde, a visita continuará pola zona dos Canóns do Miño(Belesar), co mesmo contido.

Armesto aseguraque o coñecemento do servizo e do seu funcionamento, o contacto co persoal etamén a opinión e grao de satisfacción dos seus usuarios “axudarán a obter unhamellora no servizo, potenciando o que está a funcionar correctamente emellorando os aspectos negativos do mesmo”.

Percorrido sábado

Dende a Área deTurismo tamén ofrecerán este sábado á Asociación Ledicia Cativa, dende ás 11:30horas, un percorrido en catamarán, que sairá do embarcadoiro de Doade. Os nenose os seus pais de acollida desfrutarán dunha viaxe de preto de dúas horas, nosque mostrarán todos os valores naturais e culturais da zona.

17 de xullo de 2015 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.