A Deputación de Lugo favorece o acceso e a participación dos colectivos sociais nas axudas públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A DeputaciónProvincial de Lugo favorecerá o acceso e a participación dos colectivos sociaisnas axudas públicas. A presidenta da institución, Elena Candia, explica que ataagora o proceso de concesión empregadopolo anterior goberno limitaba a posibilidade de acceso a estas axudas e “nos oque propoñemos é maior transparencia e igualdade de oportunidades”.

Con esta finalidade, apresidenta da Deputación e a deputada delegada de Benestar, Igualdade eMocidade, Mari Teijeiro, mantiveron esta mañá unha reunión con máis de 80entidades sociais no salón de plenos da institución. Dende o organismoprovincial fíxose unha convocatoria pública a todos os colectivos sociais daprovincia para coñecer as necesidades do terceiro sector e solicitar a súacolaboración á hora de elaborar mecanismos de resposta e liñas de axuda.

Candia lembra aopacidade do anterior goberno no reparto de axudas aos colectivos sociais. Ataagora a Deputación de Lugo só concedía subvencións a estas entidades a travésdo procedemento directo (excepcional ou nominativo), pero non existía unha liñade axudas por concorrencia competitiva, cando a normativa de subvenciónsrecolle que este último debe ser o procedemento ordinario.

Dende o organismoprovincial consideran que a utilización única e exclusivamente da fórmula daconcesión directa de subvenciónsempregada ata agora non está a favorecer a participación e o acceso as axudaspúblicas en igualdade de oportunidades a todos os colectivos.

Deste xeito, o novogoberno provincial sacará adiante un mecanismo “máis transparente e máis xusto,que permita a participación de todos os colectivos en igualdade de condicións,xa que ata agora son poucas as entidades que coñecen o procedemento que está aseguir a Deputación para acceder a elas”, asegura Candia.

Polo tanto, na reuniónde hoxe dende a Deputación de Lugo quixeron coñecer as necesidades dasasociacións e as súas propostas de criterios de valoración, coa idea de buscarun mecanismo de colaboración que contemple liñas de axuda que cubran as súasnecesidades máis comúns e latentes; que todos os colectivos coñezan aexistencia desas liñas; e que exista unha maior transparencia na concesión dasmesas e un maior rigor para poder acceder a elas.

Necesidades e criterios

Candia enumerou unhaserie de necesidades básicas que de xeito xeneralizado lles trasladaron oscolectivos na reunión de hoxe. Apresidenta provincial fixo referencia á necesidade de poñer en marcha unha liñade axudas para cubrir gastos de mantemento dos servizos (alugueiro do local,gastos correntes, recursos humanos e de material de traballo); así como oreforzo no apoio para a inserción laboral e acceso á formación de diferentescolectivos ou a dificultade que atopan outros para cubrir gastos de desprazamento.

En canto aos criterios ater en conta na valoración para a concesión das axudas, os colectivos sociaiscitaron, entre outros, a experiencia daentidade na atención desas necesidades; a especial vulnerabilidade doscolectivos obxecto de atención (dobre ou triple marxinación); o número debeneficiarios, os proxectos dirixidos á creación ou xeración de emprego ou quesexan proxectos que atendan necesidades descubertas na provincia.

Plan de Traballo

A deputada delegada deBenestar, Igualdade e Mocidade, Mari Teijeiro, explicou que a reunión de hoxe “tratouse dunhaprimeira toma de contacto coas asociacións, para coñecer as súas necesidades eestudar mecanismos de axuda para darlles resposta”.

Unha vez estudadas asnecesidades presentadas polos distintos colectivos e dispoñendo, a maiores, doscriterios de valoración achegados polas entidades sociais na reunión de hoxe; aÁrea de Benestar, Igualdade e Mocidade, apoiándose nos técnicos da Deputación,elaborará un borrador de criterios e de liñas de axudas de xeito que “se adecúenás necesidades manifestadas hoxe, dando prioridade ás que se compartan en maiorgrao”, explica Mari Teijeiro.

Posteriormente, esteborrador enviarase aos colectivos e estará aberto a propostas emendas eengádegas. Por último, celebrarase de novo unha segunda reunión para dar amáxima publicidade a esta liña de axudas. Teijeiro concluíu ao asegurar quepara ter unha planificación real de traballo por parte das asociacións “épreciso que estas coñezan as subvencións ás que poden acceder”.

31 de xullo de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.