A Deputación da Coruña entrega un vehículo de 9 prazas á AFAL Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Entrega do vehículo

Entrega do vehículo

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, fixo entrega a AFAL Ferrolterra dun vehículo que permitirá levar e recoller aos usuarios do centro de día que a asociación dispón en Ferrol. A presidenta da asociación, Milagros Prieto, foi a responsable de recoller o automóbil, que permitirá mellorar o servizo non só aos beneficiarios da cidade senón tamén en concellos como Cabanas, Fene, Mugardos, Neda ou Valdoviño, entre outros.
O vehículo é un VW Crafter de 9 prazas para o que se destinaron 45.000 euros da institución provincial.

Calvo, pola súa banda, destacou a “encomiable” labor desta asociación que atende a unhas 80 persoas na comarca de Ferrolterra.

7 de xullo de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.