A Deputación da Coruña entrega os premios do VI concurso de viñetas a favor da igualdade de xénero baixo o título de “Elas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación fixo entrega onte dos premios do VI concurso de viñetas a favor da igualdade de xénero que este ano levaba o título de “Elas”. A responsable de facer a entrega dos galardóns foi Zaira Rodríguez, titular da área de igualdade da institución provincial, que estivo acompañada tamén pola deputada Carmen Hervada.

Nesta ocasión o certame centrouse no papel da muller no sector primario para conseguir tamén neste ámbito un cambio de valores e modelos.
Os gañadores en primeira categoría leváronse un iPAD AIR e unha colección de libros. Os premios para o segundo e terceiro posto levan o mesmo lote de libros e unha tablet.

Os nomes dos gañadores foron:

CATEGORÍA A (de 12 a 14 anos)
1º PREMIO: Anthía Suárez Pernas, do Concello de Ortigueira.
2º PREMIO: Mar Aneiros Rosado, do Concello da Coruña.
3º PREMIO: Laura Caamaño Cespón, do Concello de Cee.

CATEGORÍA B (de 15 a 18 anos)
1º PREMIO: Estefanía García Méndez, do Concello de Ortigueira.
2º PREMIO: Lucas Sixto Carballeira, do Concello de Neda.
3º PREMIO: María Fernández González, do Concello de Ribeira.

14 de xullo de 2015 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.