A concesión de bolsas para comedor incluirá a obligación dos centros concertados de que non inclúan sobre costes
A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, a socialista Beatriz Sestayo, avanzou que a concesión de bolsas para comedor para escolares este ano, aprobada en Xunta de Goberno, manterase como estaba previsto, aínda que con algunhas modificacións.
Sestayo lembrou que, previamente ao goberno do PP, as becas de comedor soamente se concedían a nenos de colexios públicos. Co cambio de goberno, debido a que as preinscripcións nos centros escolares xa estaban realizadas, non se modificaron completamente os criterios, para non xerar complicacións aos pais, pero sí se introduciu unha importante modificación.
Así, as becas para comedor en colexios concertados está suxeita a que estes centros non cobren ningún tipo de sobrecusto aos nenos becados, como sí acontecía nalgúns casos, nos que se cobraban cuestións como monitores ou actividades.
En todo caso, incidiu en que se analizarán para próximos anos distintas formulas para a concesión destas becas de comedor.











