A Concellería de Saúde organiza un curso sobre as novidades normativas dos alérxenos alimentarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense organizará mañá, xoves, 9 de xullo, un curso sobre actualizacións na normativa dos alérxenos alimentarios, que divulgará entre profesionais e público en xeral as novidades normativas acerca destas substancias que, ao introducirse no organismo, o sensibilizan para a aparición dos fenómenos da alerxia.

Está especialmente dirixido a xestores de comedores colectivos, persoal de  cociña. É gratuíto e desenvolverase de 10 a 11,30h no Centro Municipal de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte, nº1, As Lagoas.

O curso forma parte do programa de Promoción de boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade que desenvolve o Concello, que ten como obxectivo incrementar a práctica de patróns alimentarios equilibrados que garantan unha nutrición máis saudable na poboación xunto coa práctica de exercicio fisico.

8 de xullo de 2015 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.