A Concellería de Rexeneración Urbana puxo en marcha unha investigación sobre danos patrimoniais no interior da Torre de Hércules

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, visitou o sábado a Torre de Hércules co fin de inspeccionar os danos dos que foi informado o día anteriorque presenta a inscrición do século XVIII do enxeñeiro Eustaqui Gianinni, moi deteriorada despois dalgunha actuación que se produciu moito antes de que comezase a xestión do actual Goberno local.

A concellería puxo en marcha inmediantaente mediante un amplo equipo multidisciplinar de técnicos unha investigación para coñecer o ocorrido e, se procede, esixir responsabilidades por este ataque ao patrimonio histórico da Coruña e da Humanidade, cuxa defensa, conservación e posta en valor é unha das prioridades do novo Goberno.

6 de xullo de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.