A Concellería de Educación de Ourense recibe 452 propostas formativas para o curso 2015-2016 da Universidade Popular
Unha vez terminado o prazo de Presentación de Propostas para impartir Accións Formativas na Universidade Popular 2015-2016, dacordo ás bases establecidas por primeira vez este ano -que rexirán a selección dos proxectos formativos que se incluirán na programación do curso 2015-2016-, a Concellería de Educación recibiu un total de 452 propostas de persoas físicas e xurídicas.
Este dato supón un aumento progresivo do número de profesionais interesados en participar como docentes neste programa municipal, que ademáis de atender a 3.000 alumnos ao ano, oferta unha oportunidade laboral a profesionais do ámbito educativo, fomentando así a creación de emprego.
O número de propostas foi incrementándose gradualmente cada ano, tal e como reflexan os datos:
Curso 2006-07: 92 propostas
Curso 2011-12: 299 propostas
Curso 2012-13: 371 propostas
Curso 2013-14: 402 propostas
Curso 2014-15: 416 propostas
Curso 2015-16: 452 propostas
A institucionalización dun servizo destas dimensións debe realizarse no ámbito municipal, ao ser administración local a máis cercana á cidadanía, o que permite coñecer a realidade concreta e planificar accións axustadas aos problemas que afectan aos diferentes grupos e sectores da poboación, cuns curricula funcionáis, flexibles e en función dos intereses e necesidades da cidadanía.
Para acadar os obxectivos previstos é preciso contar cunha oferta formativa que resulte atractiva e interesante para a poboación destinataria. Con tal finalidade a Concellería de Educación elaborou unhas bases para a selección de proxectos formativos para a Universidade Popular de Ourense no curso 2015-16. Ditas bases responden aos principios de libertade de acceso, publicidade e transparencia, de non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.











