A columna do Claustro de San Francisco xa luce no seu lugar orixinal tras a súa reparación

Columna reparada
Unha das columnas que compoñen o Claustro de San Francisco, volve a lucir no seu lugar de orixe trala rápida reparación levada a cabo por parte do Concello de Ourense.
O problema no fuste, que presentaba dúas fracturas, foi detectado por empregados municipais. De seguido deron conta da situación aos técnicos municipais de Patrimonio -arqueólogo e arquitecto-, que informaron ao Ministerio de Cultura sobre a incidencia. Estes días tivo lugar a reparación, que foi realizada polos técnicos municipais baixo as directrices do Ministerio de Cultura.











