A Casa da Cultura de Chantada acolle unha mostra fotográfica de José Luís Montes
Durante o mes de xullo poderemos ver na Casa da Cultura de Chantada unha mostra fotográfica do fotógrafo do Carballiño José Luís Montes. A exposición titulada “Unha mirada sen fronteiras”, é unha selección de imaxes coas que da a coñecer unha persoal mirada que ten como única pretenxión reflectir escenas de persoas na súa vida cotiá, con aceno a unha sociedade e a un pobo fieis a unhas arraigadas costumes e tradicións. Trátase do retrato a través da imaxe doutra cultura.