publicidade hoxe

A Cañiza celebra a 1ª Marcha Cicloturista do Xamón o vindeiro 1 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaDeportes
A-
A+

A Concellaría de Deportes do Concello da Cañiza en colaboración co Concello de Crecente e veciños da Vila practicantes deste tipo de deportes, organizan por primeira vez esta Marcha Cicloturista de 50 quilómetros de percorrido co obxectivo de que os afeccionados ao ciclismo participantes poidan coñecer o porto do Paradanta na vertente de Luneda.

Non se trata dunha marcha de carácter competitivo ao non estar calendada, pero o obxectivo dos organizadores é poder darlle carácter de competición e incluíla nos calendarios se gusta a experiencia e se atopan os apoios necesarios. O coeficiente de dificultade da marcha catalogaríase como de 1ª categoría se fóra de competición.

Este ano a I Marcha Cicloturista do Xamón converterase nunha xornada de confraternidade.

Existirán 2 zonas de avituallamento, que correrán a cargo dos participantes, nas zonas de Luneda e A Franqueira.

A saída está marcada ás 16h30 desde a Casa Consistorial na rúa Oriente, nº 11. Todas as persoas que desexen inscribirse poden facelo nas oficinas xerais do Concello ou o propio sábado, pouco antes da saída.

A chegada, ao mesmo punto de saída, está prevista para as 19h30. 

30 de xullo de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.