publicidade hoxe

A campaña “O sabor da aventura está no mar” chega a Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

“O Sabor da Aventura está no mar” é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar a cal se centra en transmitir aos nenos e nenas a importanciados produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Esta campaña pretende achegar aos nenos e nenas da nosa comunidade toda esta información e ampliarlles os seus coñecementos acerca dos produtos do mar, afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.

Para chegar aos nenos/as deseñouse un obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. O obradoiro contempla a realización dunha obra de teatro, actividades lúdicas, reparto de agasallos e diplomas.

Se desexa que o seu fillo/a participe nesta actividade, que terá lugar o venres 31 de xullo ás 11 horas na Plazuela, cumplimente a ficha de inscrición nas oficinas do Concello de Pontecesures. 

27 de xullo de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.