A axencia de colocación de Aemos integra 1.800 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) deu un paso máis nos obxectivos marcados no seu compromiso social, conseguindo que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social lle outorgase un código para operar como axencia de colocación. Desde a data da resolución de autorización, en novembro de 2014, o portal www.insere.es rexistrou unha alta actividade consolidándose como un referente na materia. Así, durante os sete meses de existencia, formalizaron a súa inscrición un total de 1.800 persoas e 40 empresas publicaron 62 ofertas de emprego ás que motivaron a súa candidatura máis de 600 persoas. Até o momento, a efectividade na intermediación laboral realizada por Aemos foi do 30%, ao cubrirse a través da axencia 18 dos 62 procesos de selección iniciados.

A actividade realizada é exclusivamente a través de medios electrónicos xa que a concesión é de axencia virtual. Desta maneira, AEMOS presta os seus servizos centrados en vincular ofertas e demandas de emprego, ademais de desenvolver outras accións relacionadas coa procura activa de emprego, como poden ser sesións de orientación e asesoramento. 

Esta nova ferramenta de intermediación laboral, rexistrada e autorizada polo Servizo Público de Emprego Estatal, vai máis aló do ámbito local, e é que o feito de ser unha axencia virtual fai que poida operar en todo o territorio nacional. Neste sentido, veciños de Mos poden beneficiarse de ofertas chegadas doutras comunidades autónomas e, viceversa, as empresas da localidade, entre elas as propias asociadas de AEMOS, teñen un abanico máis amplo de posibles candidatos que respondan a un determinado perfil.

17 de xullo de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.