A aula de Cabo Udra volverase encher de actividades turísticas este mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Tras a exitosa inauguración das actividades na Aula de Cabo Udra coa realización dunha ruta botánica e un obradoiro de confección dun herbario o pasado 16 de xullo, a Oficina de Turismo volve organizar máis actividades neste espazo. O próximo mércores ás 22 horas haberá unha ruta nocturna polo Espazo Natural da Rede Natura Cabo Udra, seguida ás 23 horas dunha actividade de observación de estrelas. Os interesados en participar poden facelo na Oficina de Turismo, ben chamando ao número 986324457 ou ben enviando un correo a turismo@concellodebueu.org.

Desde a Oficina de Turismo de Bueu destacan que nas pasadas actividades a participación foi moi variadas, xa que se contou con visitantes e turistas de Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Euskadi, Madrid, Suecia ou Alemaña, que evidencia que cada vez máis este espazo é moi coñecido alén das fronteiras dos municipios do Morrazo.

20 de xullo de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.