publicidade hoxe

A Asociación de Danza de Gondomar pecha aulas cun Festival Fin de Curso na Alameda da vila.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Asociación de Danza de Gondomar remata a tempada 2014-2015que congregou a máis 40 mozas e mozos nas aulas impartidas por Gabriel Vázquez (Fusión), Clara Ferrao (Danza Clásica e Moderna), Hilda Lagos (Acrobática) e  Sara Lago (HipHop). Con tal motivo porán en escena o “Festival Fin de Curso” na que todos os seus corpos de baile amosarán as principais coreografías traballadas ao longo do ano.

 O evento contará  coa participación especial das escolas invitadas: Asociación de Veciños Val do Fragoso (Vigo), a Escola de Danza Paradela , Danzarinos do CC de Peitieiros e a Escola Deportiva Sey (A Carrasca).

O Festival  terá lugar  o vindeiro domingo 19 de xullo ás 20 horas no escenario aberto instalado na Alameda da vila de Gondomar. Actividade que conta co apoio do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.

17 de xullo de 2015 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.