publicidade hoxe

A Asociación cultural Os 100 tolos de Poio crea unha banda de gaitas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Asociación cultural Os 100 tolos de Poio,crea en maio do 2015 unha banda de gaitas, cornetas e tambores, para participar nas diferentes festas patronais. A asociación púxolle o nome de “O Cruceiro” e fórmana 43 músicos profesionais, moitos destes integrantes xa teñen experiencia neste tipo de bandas, xa que todos pertencen a diferentes confrarías da semana santa pontevedresa.

A gran maioría destes músicos pertencen á confraría Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas, pero tamén lles acompañan músicos das confrarías do silencio e do amor fermoso. O que pretende a asociación é participar nas festas patronais dos pobos, xa sexa con pasa rúas ou procesións de verán.

7 de xullo de 2015 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.