A asemblea aberta á veciñanza para informar sobre o párking Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O goberno de Lalín convoca para este xoves, ás 20.00 h., a asemblea aberta para informar aos veciños e veciñas sobre o proceso de negociación e o acordo sobre o párking Europa. O obxectivo deste encontro, que se desenvolverá na praza da Igrexa e ao que poderá asistir quen queira, é ofrecer todos os datos sobre a situación da que partía o goberno municipal e sobre os detalles do acordo que se acadou en relación a estas instalacións.

Ese acordo supón unha substancial rebaixa no prezo de compra desta infraestrutura en comparación coa cantidade comprometida no anterior mandato polo Partido Popular. O concello de Lalín pasará de ter que pagar 3,3 millóns de euros a 2,9 millóns, logrando así un aforro de 400 mil euros para as arcas municipais.

Con esta iniciativa, o goberno municipal demostra a súa aposta pola transparencia e a participación e implicación dos cidadáns na vida pública. 

15 de xullo de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.