publicidade hoxe

A área de Deportes de Ribadumia organiza a XVII edición do Torneo de Tenis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Concellería de Deportes organiza a XVII edición do Torneo de Tenis Concello de Ribadumia, que se vai disputar entre o 7 e o 15 de agosto nos pavillóns de Ribadumia e de Sisán. As inscricións para participar comezarán o este xoves 16 de xullo nos seguintes teléfonos: 986 718 491/9 en horario de 09:30 a 13:30 horas. Os datos requiridos para a inscrición son nome, idade, categoría na que van xogar, dispoñibilidade horaria e teléfono; e estará aberta ata o venres 31 de xullo.

Coma cada ano, as modalidades nas que se disputa o torneo son, para menores de 14 anos, xuvenil masculina e feminina; e para maiores de 14 anos, absoluta e dobres, masculinas e femininas. O ano pasado o torneo tivo un nivel de participación moi alto, éxito que dende a concellería confían en repetir nesta edición. 

A diferenza da edición anterior, os xogadores  terán que chamar aos seguintes números: 986400777 e 622614004 dende o 3 ao 6 de agosto para coñecer o lugar e hora que van a xogar e axilizar desta forma a organización do evento.

A Concellería de Deportes de Ribadumia conmemora este ano a XVII edición do torneo, convertida nunha cita deportiva de referencia no municipio e para moitos tenistas da comarca.

Abre o prazo para a Escola Municipal de Tenis

Desde a concellería tamén anuncian que se abre o prazo de inscrición para participar o próximo curso na Escola de Tenis Municipal de Ribadumia, que conta coa ensinanza de profesores titulados pola Federación Galega. As persoas interesadas en participar xa poden reservar a súa praza nas oficinas municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas. 

14 de xullo de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.