publicidade hoxe

Xuntanza de palilleiras e multilabores en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

A Asociación Cultural As Xoaniñas da Rectoral de Fornelos – Salvaterra de Miño, presentan a súa III xuntanza de palilleiras e multilabores que terá lugar o próximo 4 de xullo a partires das 17.00h no torreiro das Fraguiñas.

Nesta edición achéganse a Fornelos máis de 150 palilleiras de toda a xeografía galega que durante catro horas palillarán e mostrarán as diferentes formas e estilos de elaborar encaixe, a parte das palilleiras teremos un grupo de persoas que se dedicarán a elaboración de multilabores.

Para todos os que se queiran achegar ata Fornelos para disfrutar desta tarde difente, tamén disporán dunha exposición cos traballos realizados pola Asociación no último ano e que basada sobre a cociña tradicional galega, a partir das 19.30 teremos a actuación da minibanda de Salvaterra de Miño.

30 de xuño de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.