Xulio Ferreiro xustifica no principio de neutralidade relixiosa a súa ausencia á Ofrenda ao Santísimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

A cabeza de lista da Marea Atlántica e futuro alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro -tras o anuncio do PSOE de que apoiará a súa investidura- xustificou no “principio de neutralidade relixiosa” a decisión de non acudir á Ofrenda do Antigo Reino de Galiza ao Santísimo Sacramento este domingo. A Diocese de Lugo confirmou este xoves que será Mondoñedo a que realizará a Ofrenda do Antigo Reino de Galiza ao Santísimo Sacramento este domingo 14 de xuño ao non recibir confirmación de Santiago de Compostela, cidade á que lle correspondía este ano, despois de que o seu futuro alcalde, Martiño Noriega, declinase a invitación.

No caso da Coruña, e a preguntas dos xornalistas, Ferreiro, apelou ao programa electoral da Marea. “Un ten que ser fiel ao que di”, sinalou ao remarcar que defenden “o principio de neutralidade relixiosa e laicidade”. Por outra banda, cualificou a Ofrenda como “un acto eucarístico, de culto”. Por iso, considerou que “non debe haber representación oficial dos concellos”, sentenciou en liña co manifestado este mércores pola Marea a través dun comunicado.

11 de xuño de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.