Xulio Ferreiro visita a Real Academia Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O alcalde da Coruña na visita á RAG

O alcalde da Coruña na visita á RAG

Este martes, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, reuníronse co presidente da Real Academia Galega,  Xesús Alonso Montero, ademais de con Henrique Monteagudo e Margarita Ledo, que ocupan os cargos de secretario e archiveira na institución.

Na reunión, Ferreiro definiu a Academia como “una institución relevante para a cidade e para Galicia coa que o concello quere manter unha frutífera relación que tamén sirva para abrir a RAG á sociedade”. Alonso Montero agradeceu as súas verbas e recordou que xa se reunira co alcalde coruñés antes das eleccións. Naquela cita, ambas as dúas partes coincidiron na importancia de celebrar en 2016 o centenario da fundación na Coruña das Irmandades da Fala. 

29 de xuño de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.