Xulio Ferreiro reúnense no Salón de Plenos con 54 asociacións veciñais da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O alcalde da Coruña na reunión coas asociacións

O alcalde da Coruña na reunión coas asociacións

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, reuníronse a mañá deste xoves cos representantes das 52 asociación veciñais da cidade, ademais de dúas federacións, no Salón de Plenos do Concello.

Para Ferreiro, o escenario elixido non é unha cuestión menor. “Convocamos a todas as asociacións de veciños da cidade porque a participación cidadá é un elemento clave do noso programa e agora tamén o vai ser da nosa acción de Goberno”, explicou. “Dixemos que esta cidade ía a ser gobernada por todos e todas, e cremos que o Salón de Plenos simboliza esa idea”, engadiu.

“Fixemos una presentación do noso programa de Participación Cidadá e as asociacións de veciños puideron comunicar, nunha primeira toma de contacto, cales son as prioridades que cren que teñen neste momento nos seus barrios e na cidade en xeral”, dixo o rexedor coruñés.

Ferreiro indicou que esta primeira reunión é un “punto de partida protocolario” para sentar as bases dunha relación “que ten que ser, e será, fluída durante todo o mandato” tanto coa concelleira de Participación Cidadá, Claudia Delso, como con él mesmo.

Pola súa banda, Delso, comunicou as asociación de veciños “o porque dunha área específica de Participación Cidadá neste novo Goberno”, así como explicou as previsións de modificar o regulamento orgánico e o regulamento de participación cidadá para que o tecido asociativo da cidade sexa un verdadeiro interlocutor.

“O reto da concellería e do Goberno en xeral e contar con toda a cidadanía, non só cunha parte”, dixo a titular de Participación. “Nós tamén lles pedimos as asociacións un compromiso de interlocución, por iso lles solicitamos que escribisen as tres principais urxencias que cren que teñen os seus barrios”, explicou. “É unha primeira toma de contacto moi importante para poder desenvolver o noso traballo”, concluíu.

25 de xuño de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.