publicidade hoxe

Xornadas de xeoloxía na Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaQuiroga
A-
A+

Os próximos 3,4 e 5 de xullo terán lugar as II segundas xornadas de xeoloxía organizadas polo GDR Ribeira Sacra. Despois do éxito das primeiras xornadas celebradas no ano 2012 de novo o GDR Ribeira Sacra reunirá na Casa de Cultura de Quiroga a expertos de máximo nivel no campo da xeoloxía.

Con estas xornadas o GDR Ribeira Sacra pretende promocionar o territorio a través da posta en valor dos recursos xeolóxicos apostando por  unha diferenciación comarcal. A importancia  científica e ambiental do patrimonio  xeolóxico da zona supón unha oportunidade para o desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra.

Nesta ocasión na xornada do venres 3 de xullo vanse presentar 3 experiencias de  cómo noutras comarcas teñen aproveitado o patrimonio xeolóxico para configurar unha estratexia de desenvolvemento rural. Contaremos con representantes do parque xeolóxico Costa Quebrada en Cantabria, do Xeoparque de Villuercas Ibores Jara en Extremadura e do Xeoparque da Costa Vasca.

A xornada do sábado pola mañá centrarase xa, en aspectos xeolóxicos concretos da Ribeira Sacra: abordarase a orixe xeolóxico do Courel a partir dos seus fósiles, os neandertais e sapiens nas depresións terciarias galegas, as exploracións espeleolóxicas no entorno da serra do caurel cerrando a xornada de mañá coa experiencia da posta en valor do patrimonio xeolóxico na comarca de Quiroga.

Reservarase as xornadas do sábado pola tarde e  do domingo pola maña para realizar visitas sobre o terreo . Ambas saídas estarán acompañadas por xeólogos e arqueólogos que ofreceran as oportunas explicacións sobre os recursos que se visiten. O sábado centrarase a visita no túnel romano de Montefurado e unha visita en catamarán polo canón do Sil  complementando a xornada cunha visita ao centro de olería de Gundivos e unha cata de viños nunha adega da denominación de orixe. O domingo cerraranse as xornadas realizando unha ruta de  sendeirismo, O Camiño de Ferradal ou da Caleira.

As inscricións deberán cursarse a través do envío dun correo electrónico a grupogdr8@yahoo.es  cos datos persoais, existindo 2 modalidades de participación. Unha primeira gratuíta asistindo só as ponencias do venres e sábado pola mañá, e outra cun custe de 15 €, que inclúe tamén as saídas de campo do sábado pola tarde e domingo pola mañá. Para esta última modalidade as prazas están limitadas para os 60 primeiros inscritos.

18 de xuño de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.