Xornadas de captación para as categorías base do Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro organiza a próxima semana unha xornada de captación de xogadores para as súas categorías base, en plena fase de crecemento grazas entre outras cousas, á colaboración da recentemente activa Fundación Heracles.
A xornada terá lugar o vindeiro venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo da Torre. A sesión estará dividida por idades: de 17 a 18 horas poderán participar os nenos nados nos anos 2006 e 2007; de 18 a 19 horas será a quenda dos dos anos 2004 ou 2005; de 19 a 20 horas tocaralle aos nados entre 2002 e 2003 e por último, aos máis maiores, nacidos no ano 2001 ou 2000, que poderán realizar as súas probas entre as 20 e as 21 horas.
Ás probas poderán asistir todos os nenos que desexen unirse aos equipos masculinos que ten nestes momentos o club, sen necesidade de anotarse previamente. Tampouco se exixe un nivel mínimo, polo que o único requisito é acudir con roupa de deporte e zapatillas, para poder levar a cabo a actividade deportiva.











