XiraKarting instálase no centro de Ferrol co circuíto de karts ao aire libre do Inferniño
O Circuíto de Ferrol da novena edición de XiraKarting arrinca este venres para que persoas de todas as idades gocen da experiencia de pilotar un kart. A principal novidade deste ano é a localización no centro da cidade, en plena Praza do Inferniño. RGM Eventos trae un ano máis a FerrolXiraKarting con Gadis como patrocinador principal. Este ano os ferroláns poderán escoitar de novo o ruxir dos motores e gozar da experiencia de pilotar un kart no circuíto situado no Inferniño do venres 12 ao domingo 14 de xuño. Poden pilotar nenas e nenos desde uns oito anos (ou as medidas e capacidades suficientes para chegar ben aos pedais e para conducir un kart) e maiores sen límite de idade. Nesta edición tamén poderán disfrutar da actividade quen por idade ou por capacidades non poidan pilotar, grazas aos karts biplaza que permiten gozar da experiencia de percorrer o circuíto acompañando a nenos máis pequenos.
A directora executiva de RGM Eventos, Raquel González destaca que “XiraKarting chega para dinamizar e potenciar e dinamizar o mundo do motor achegándoo a toda a familia”e que a actividade aínda que é custosa é accesible para todos grazas á aposta dos patrocinadores privados, que soportan o tecido estrutural deste evento: Vodafone, ABANCA, Coca Cola Iberian Partners e Gadis como patrocinador principal. O público xeral pode conseguir descontos e entradas gratuítas nos supermercados Gadis e tamén seguindo a XiraKarting nas redes sociais: \<sent\>xirakarting en Twitter e www.facebook.com/XiraKarting en Facebook.
A EXPERIENCIA DE PILOTAR, AO ALCANCE DE TODOS
XiraKarting é a primeira actividade de Karting móbil dirixida a todos os públicos, celébrase en circuitos urbanos deseñados especificamente para cada cidade onde vibrar e sentir unha experiencia apaixonante e diferente por uns días.
A novena edición de XiraKarting arrincou o 8 de maio en Ponferrada e iniciou o seu percorrido por Galicia en Lugo o fin de semana seguinte. A continuación recalou en Santiago do 29 ao 31 de maio e logo chegou a Ourense do 5 ao 7 de xuño. A seguinte parada é Ferrol do 12 ao 14 de xuño. Despois instalarase en Vigo do 25 ao 28 de xuño e finalmente na Coruña do 2 ao 5 de xullo.
DATOS TÉCNICOS
Os nenos/a<sent\>s a partir de 8 anos ou 135 cm : disporán de 7 karts junior con motor Fonda de 120 cc. Os maiores de 12 anos disporán de 14 karts con motor 200 cc.(Fonda) de 6.5 cabalos.
E para os máis pequenos da casa, os que aínda non poden pilotar, para que vivencien a súa primeira experiencia da man dun dos seus ídolos:3 karts biplaza motor 200 cc (Fonda) de 6.5 cabalos modelo SODIKART.
DINAMIZACIÓN PARA DIVERTIMENTO DE TODA A FAMILIA
Para aqueles que prefiran outras alternativas ás carreiras poderán gozar delas na zona de dinamización, que dispón de inchables para que gocen os máis pequenos.
HORARIOS:
Mañás de 12 a 14 horas e tardes de 16.30 a 21.30 horas.
TARIFAS E PROMOCIÓNS
Entrada adulto: 10 €
Entrada neno: 7€
Fórmula Gadis:invitacións e vales desconto polas túas compras nos supermercados Gadis
Fórmula Coca Cola :consegue a túa invitación participando no Facebook Coca Cola
Fórmula Like: invitacións e descontos a través da nosa web www.xirakarting.com e redes sociais.
Fórmula Family:30% de desconto co teu carné de familia numerosa
Fórmula 4+1: unha invitación gratuíta pola compra dun bono de catro entradas (maiores de 13 anos)
Fórmula 5:unha invitación infantil gratuíta pola compra dun bono de catro entradas, dous adultos e dous infantís (menores de 13 anos)











