Xa están a punto as Escolas Santiago Futsal Talent Proyect de Xapón
Resta pouco máis dun mes para que de comezo a aventura internacional do Santiago Futsal da man das súas Escolas de futsal en Xapón. Esta iniciativa, pioneira en Galicia nun club de fútbol sala, é unha gran aposta do club da capital galega para expandir e internacionalizar os seus métodos de traballo, seguidos e admirados no país nipón.
O primeiro Campus terá lugar os días 22 e 23 de Xullo no Pavillón Casa dos xóvenes en Nagasaki. Este primeiro Campus xa conta con máis de 40 inscritos desde a categoría alevín a xuvenil, que compartirán dous días de convivencia e formación da man do técnico do Santiago Futsal Santi Valladares e Motonori Baba, director de formación do Santiago Futsal en Asia. Este será o primeiro evento oficial do Santiago Futsal en Xapón aínda que as expectativas son moi altas e non se descarta que se abran outras escolas e se realicen campus similares nas cidades de Fukuaoka e Saga, incluso chegando á capital, Tokio.
Ademais, o prestixio que a metodoloxía de traballo do conxunto galego se gañou no país asiático, levou a que desde fai máis de 6 anos equipos e xogadores veñan a Santiago a aprender as técnicas e os métodos que aquí se desenvolven. En vista deste crecente interese, Motonori Baba, que exerceu de delegado do conxunto branco as dúas últimas tempadas e que xa se atopa en Xapón desde que finalizase a tempada do primeiro equipo, está a traballar como técnico en diferentes equipos do país xaponés baseándose na metodoloxía do Santiago Futsal.
Desta maneira, o club da capital galega expande as súas técnicas formativas a un país no que o fútbol sala é un deporte emerxente e que quere aprender da man dos mellores.











