publicidade hoxe

Vinte marcas de Rías Baixas están presentes no certame de caldos da XXXVI Festa do Viño de Barro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroPontevedra
A-
A+

Un total de 20 marcas amparadas dunhas 15 adegas adscritas á Denominación de Orixe Rías Baixas, participan desde hoxe ata o domingo na XXXVI Festa do Viño de Barro. Todas estas marcas poderanse degustar na zona habilitada no pazo da Crega. O presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, acudirá esta noite ás 21 h. á inauguración oficial da Festa do Viño de Barro. Acompañado polas autoridades locais, realizará un percorrido pola área onde se poderán degustar algún dos 20 viños Rías Baixas.

Ademais de ofrecer a propia degustación dos viños, nesta exaltación gastronómica tamén se dará a posibilidade aos asistentes de adquirir botellas a prezos especiais para esta exaltación gastronómica. Desde a organización indican que se porán á venda ao redor de 150 botellas, unha cifra que pode aumentar dependendo da demanda. Todos as marcas participantes no X Certame de Viños elabóranse na subzona de Val do Salnés. Aínda que a gran maioría son monovarietais Albariño Rías Baixas, tamén se puxeron a disposición do público dous tintos amparados por esta denominación.

Para a xornada grande da festa máis importante do municipio de Barro resérvase a Cata de viños Albariños Rías Baixas. Esta desenvolverase o domingo a partir das 11.30 horas no pazo da Crega e, nela participarán once marcas de amparadas pola denominación de orixe. Xa ás 13.00 horas procederase á entrega de trofeos. 

A cita no concello pontevedrés congrega cada ano miles de persoas durante os días de celebración. Desde a organización prevén unha asistencia de máis de 3.000 persoas durante a xornada do domingo. 

19 de xuño de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.