Vilagarcía súmase aos actos de reivindicación do colectivo LGTB
Dende mediodía de hoxe e ata o vindeiro luns, a balconada da Casa Consistorial luce unha pancarta de 3×1 metros, bandeira incluída, conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGTB. O Concello de Vilagarcía se suma así aos numerosos gobernos locais de toda España que fixeron parecida manifestación de apoio ás reivindicacións dos dereitos de lesbianas, gays, transexuais e Bisexuais.
Coincidindo con este acto, a concelleira de Benestar, Tania García, anunciou hoxe que nun breve período de tempo o Concello volverá a contar co Punto de Información LGTB que se puxera a funcionar nos baixos do Concello na época da concelleira socialista Victoria Hierro e que o goberno anterior, do Partido Popular, eliminou.











