publicidade hoxe

Verín acolle o programa Irene de traballo de información, formación e prevención sexual en adolescentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Instituto da Muller a través do Fondo Social Europeo, en convenio co Concello de Verín, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover modelos de relación entre mulleres e homes baseados na igualdade e non discriminación. Para dar cumprimento a este obxectivo, as dúas entidades promoven o Programa IRENE que está a traballar na información, formación e prevención da violencia sexual en mozos/as e adolescentes. Tendo en conta as últimas investigacións sobre o incremento da violencia sexual en mozos/as realizadas no ámbito educativo determínanse factores de risco que se deben frear para evitar esta violencia nas parellas novas, cada vez máis casos en idades temperás. De igual xeito que a violencia de xénero en persoas adultas esténdese nun continuo que vai dende o abuso verbal e emocional ata a agresión sexual e/ou asasinato.

As actividades que dende o Concello de Verín se desenvolveron ata agora foron:

– Xornadas sobre agresións sexuais entre grupos de mulleres e ao público en xeral no 25 de novembro, para sensibilizar de xeito xeral sobre a dimensión que teñen as agresións sexuais en menores, situación legal do delitos, recursos, definición de conceptos e formas de detectalo e actual.

– Obradoiros de prevención e información da violencia sexual dirixidos a poboación xuvenil a través do traballo en centros de secundaria do Concello de Verín, coa finalidade de contribuír a erradicación da violencia sexual a través da educación e formación. Ensinouse a previr situacións de violencia sexual entre mozos/as, plantexando as relacións dentro dun marco de repecto, reforzando condutas de prevención dos posibles tipos de agresores, analizando mitos existentes sobre a orixe e mantemento da violencia sexual, aprender as habilidades de comunicación que axuden a expresar discrepancias, desexos, opinións respectando o parecer dos demais.

– Traballo con profesionais que poidan ter relación directa coas vítimas.A finalidade é unha axeitada atención á vítima, evitando unha vitimización secundaria, propiciando unha intervención rápida e eficaz por parte dos profesionais, unha derivación adecuada, facilitando a denuncia e preservando as probas. 

Nas últimas semanas, acudiuse a unha comisión de seguimento do Programa IRENE a Madrid conxuntamente con profesionais dos concellos que están a desenvolver as mesmas accións.

8 de xuño de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.