Ventos do Val organiza o XV Concerto de Primavera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A mosense Coral Ventos do Val de Petelos organiza a XV edición do seu Concerto de Primavera. Trátase dun evento musical pensado polos seus organizadores como un modo de achegar o canto coral a tódolos amantes do canto polifónico, así coma ós interesados en coñecelo máis a fondo.

O concerto celebrarase o vindeiro domingo, día 7 de xuño, ás 19.00 horas no auditorio do Multiusos das Pozas, sito na parroquia de Petelos.

Ademais da anfitriona Coral Polifónica Ventos do Val, actuarán a Coral Polifónica de Baredo (Baiona) e a tamén mosense Coral Polifónica Novas Voces de Cela. 

A entrada será libre e gratuíta para todo o público que desexe asistir.

1 de xuño de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.