Uns cen expositores participarán no mercado de artesanía e segunda man de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro responsable da Área de Economía do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, acompañado dos representantes das asociacións de comerciantes Novo Ferrol e do Mercado de Recimil, Francisco Fajardo e Mónica Pantín, respectivamente, presentou hoxe a actividade de dinamización e promoción do comercio e da hostalaría locais que terá lugar o vindeiro sábado día 6 de xuño. Así, o contorno da praza de España e do Mercado de Recimil acollerá un Mercado de Artesanía e de Segunda Man,  que se desenvolverá en horario de 10.00 a 19.00 horas.

O presidente de Novo Ferrol sinalou que esta feira contará co ao redor de cen postos de exposición -60 con produtos de segunda man e os 40 restantes con artesanía-. O edil Langtry Caínzos manifestou que o obxectivo destas actividades que dende o Concello de Ferrol se veñen desenvolvendo dende o pasado mes de abril de maneira conxunta cos comerciantes e hostaleiros “é animar á xente de toda a comarca a vir a Ferrol a disfrutar do seu comercio e da súa hostalaría todos os días do ano”.

4 de xuño de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.