Uns 550 cativos participaron no XVI Torneo Prebenxamín de Futsal Escola Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Participantes no torneo

Participantes no torneo

O pasado sábado 13 de Xuño deu por finalizado o XVI Torneo Prebenxamín de Futsal Escola Terra cos partidos finais e o acto de clausura no Centro Deportivo Terra. Esta edición contou con 46 equipos e máis de 550 xogadores/as que gozaron de 110 partidos de fútbol sala que serviron para achegar o deporte aos máis pequenos.  Todos nenos/as participantes do torneo levaron un recordo pola súa participación en forma de medalla.

En primeira división o campión final foi a Fundación Azkar Prone, en segunda división a Residencia D e a terceira división tamén para a Fundación Azkar Prone.

15 de xuño de 2015 | 20:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.