publicidade hoxe

Uns 45 veciños de Brión participaron na ruta das Seimeiras na Pontenova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Participantes na ruta

Participantes na ruta

Un total de 45 veciños e veciñas participaron nunha nova ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Brión a pasada fin de semana e na que disfrutaron das espectaculares paisaxes de montaña e das numerosas fervenzas incluídas na ruta das Seimeiras, no municipio de A Pontenova (Lugo). A ruta, duns 17 quilómetros de lonxitude e de dificultade baixe, transcorreu a través de bosques autóctonos da comarca lucense. 

O próximo 27 de xuño está prevista unha nova marcha pedestre, de 16 quilómetros e de dificultade baixa, que pechará a temporada do Programa de Sendeirismo do Concello de Brión. Para esta ocasión, os participantes desprazaranse en autobús ata a vila portuguesa de Caminha, á beira do estuario do Río Miño. O prezo é de 8 euros e a inscrición pode realizarse na Casa da Cultura ou nos teléfonos 981 50 99 08 e 981 50 99 69 ata o 25 de xuño. 

10 de xuño de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.