Uns 40 xóvenes inician en Vilagarcía a súa formación en fotografía avanzada e repostería cos cursos Actívate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Coarenta mozos e mozas desempregados de Vilagarcía inician mañá unha nova etapa formativa coa que pretenden buscar novos camiños para acceder ao mercado laboral. Farano a través do curso de Fotografía Avanzada e de Repostería organizados pola Concellería de Xuventude a través do programa provincial Actívate e cuxa participación é gratuíta.

O curso de Fotografía Avanzada impartirase no Seminario 1 do Auditorio Municipal en el participarán 25 alumnos, o total das prazas convocadas, posto que a demanda acadou as 51 solicitudes.

O curso de repostería celebrarase no centro socio cultural de Trabanca Badiña, que está dotado cunha pequena cociña para realizar a parte práctica da formación. En émbolos dous casos, as clases serán de luns a venres e con horario de nove da mañá á unha da tarde, do 16 ao 29 de xuño.

A Concellería de Xuventude xa organizou accións formativas deste programa en edicións anteriores con un elevado éxito de participación de cun grao de satisfacción moi alto por parte dos alumnos asistentes. A elección dos cursos fíxose tendo en conta a demanda e intereses manifestados por mozos e mozas do municipio.

Temarios

Co curso de Repostería darase continuidade aos dous obradoiros anteriores de cociña. A finalidade da acción é que os alumnos aprendan a elaborar diferentes tipos de sobremesas, pero non se limita exclusivamente a iso. Dado que os cursos pretenden proporcionar coñecementos que permitan aos alumnos acceder ao mercado laboral, tamén se lles explicarán as normas básicas de hixiene e seguridade alimentaria e se lles adestrará nas destrezas necesarias para elaborar sobremesas, así como en técnicas de presentación e decoración, moi valoradas tamén na hostalería.

O curso de Fotografía será de nivel avanzado, polo que is alumnos que xa deben ter uns coñecementos básicos, afondarán en estudos de composición, iluminación e as súas aplicacións á hora de fotografar retratos, paisaxes ou realizar efectos nocturnos. Ademais, a actividade servirá para que aprendan a aplicar os coñecementos adquiridos de forma creativa. Os alumnos deben levar a súa propia cámara fotográfica.

15 de xuño de 2015 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.