publicidade hoxe

Uns 190 padexeiros participarán en Ribadumia na Baixada do Umia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRibadumia
A-
A+
Presentación da Baixada do Umia

Presentación da Baixada do Umia

A alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña, acompañada pola deputada provincial, Begoña Estévez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; e presidente e técnico do Náutico O Muíño, os dous Jose Manuel Vázquez, presentaron a 21ª Baixada do Umia, que se disputa este domingo coa participación de 18 clubs e 190 palistas, polo momento.

Sairá ás 17:00 horas desde Portas, e os participantes percorrerán catorce quilómetros de río ata chegar á meta situada en Cabanelas. A XXI Baixada do Umia e Memorial Jose Antonio Noya inclúe dúas metas volantes. A meta volante José Manuel Torres Falcon situada en Puente Arnelas será nesta edición para a categoría K1 muller cadete e a meta volante de José Ramon Serantes “Peke” situada na Ponte de Baion será para a categoría C1 home senior. ­

As categorías nas que se disputa a competición son Cadete, Junior, Senior e Veterano nas embarcacións k1 e c1 tanto en feminino e masculino. O club que máis embarcacións aporta á competición é o club local, con 29 embarcación. O resto dos clubs que estarán presentes na proba son Cofradía de Pescadores Portonovo, Piragüismo Cambados, Tambo de Marín, Náutico de Cobres, Club Kayak Vigo, Náutico Pontecesures, Club Naval de Pontevedra, Club Piragüismo Aldán, Illa de Arousa, Vilaboa, Escola Cidade de Pontevedra, Breogán do Grove, Club Kayak Ría de Muros-Noia, Náutico de Cambre, Náutico Ría de Betanzos, Narón e Rianxo.

O técnico do Club Náutico o Muíño, José Manuel Vázquez, espera “conseguir a vitoria final por club, para celebrar o noso vinte aniversario. Sen embargo en individual, destaca Perucho (Carlos Pérez, Ría de Aldán), que este ano achégase ata Ribadumia para apoiarnos e disfrutar da proba e Antonio Palmas e Brais Sánchez do Vilaboa son tamén as opción claras de victoria”. 

Alfredo Brea, presidente da Federación Galega de Piragüismo destacou “que é un percorrido moi técnico e hai que ser moi rápido na toma de decisión. Sen embargo, a pesar da súa dificultade,  todo deportista que rema este río lémbrase para sempre”. Recordou tamén que  “o noso deporte naceu nestes ríos e iso é algo que non se pode equecer”. 

Pola súa parte, a alcaldesa de Ribadumia destacou o importante que é para o Concello esta proba porque supón un escaparate para mostrar os recursos naturais, costumes, gastronomía (etc.). O piragüismo é un deporte arraigado en Ribadumia e por todo iso “esperamos que se traduza o domingo con moitas persoas disfrutando da emoción do descenso”, afirmou. 

11 de xuño de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.